lunes, 15 de mayo de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 13 E 14 MAIO

ALEVÍN MASCULINO


CB ARTEIXO 63-PEÑARREDONDA 65


Unha mágoa o desenlace do encontro dos alevíns, que comezaron os dous primeiros cuartos un chisco despistados e permitiron que os visitantes anotaran con facilidade, ata marchar os 18 puntos de ventaxe.
Tras o terceiro periodo todo cambiou, e os de Arteixo despregaron o seu mellor xogo, pero finalmente non foron quen de completar o que sería unha espectacular remontada.
Así e todo é para estar satisfeitos, as derrotas forman parte disto, o importante e dar o máximo e divertirse xogando!! A seguir aprendendo día a día.

INFANTIL MASCULINO


DOMINICOS 50-CB ARTEIXO 52 (12-10, 9-18, 14-10, 15-14)


Sensacional encontro o xogado polos rapaces de Dani Fraga no inicio da copa primavera.
Gran inicio de partido, aproveitando ven as ventaxas no 1x1 e correndo en algunha ocasión, poucas por desgraza, xa que o rebote era dominado polos colexiais.
O segundo cuarto foi o mellor con diferenza, solucionouse o tema do rebote defensivo e con rápidos contraataques anotábase con facilidade.
Tras o descanso os de Dominicos colocáronse nunha defensa 1-3-1, pero en ningún momento os locáis marcharon do encontro, e movendo ben o balón atopaban situacións para anotar.
No cuarto definitivo as cousas descorreron polo mesmo camiño, pero cando quedaban poucos minutos para o final do encontro os visitantes mandaron continuamente os de Arteixo a liña de tiro libre, pero ahí os visitantes estiveron acertados e os locáis erraron nos dous últimos para mandar o encontro á prórroga.
Agora a pensar na seguinte eliminatoria de copa coa ilusión máxima para tratar de seguir avanzando ó seguinte escalón.

INFANTIL FEMININO


BBCA PLAIA DE LUMEBO 32-CB ARTEIXO 51 (7-17, 8-11, 6-15, 11-10)


Gran comezo de encontro por parte das arteixáns, cunha intensidade incrible na defensa e xogando rápido no ataque.
No segundo cuarto a cousa igualaouse moito, xa que o que era xogar rápido no primeiro pasou a ser pretipitación neste.
Tras  o descanso as visitantes voltaron a centrarse no xogo ofensivo e deixaron prácticamente finiquitada a contenda.
No cuarto final a igualdade foi máxima e incluso a ferroláns foron quen de levarse o parcial por un punto, pero pero a victoria xa non escaparía das mans das de Arteixo.



SENIOR TERCEIRA DIVISIÓN


TREBÓNS BASQUET CLUB 54-CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 50 (18-19, 14-9, 13-11, 9-11)

Xogábase o sábado o encontro de ida dos oitavos de final da copa primavera, e as cousas comezaban francamente mal para os de Arteixo que encaixaban 14 puntos nos primeiros 4 minutos de eliminatoria, pero a partir de aquí e sen homes interiores, os xogadores fixeron un gran esforzo para irse metendo no encontro. a través de 2x1 no poste baixo e axustando ben o xogo no ataque tiveron opcións de colocarse diante no marcador pero entón apareceu un chisco de ansiedade e as opcións de sacar unha victoria desapareceron.
Así e todo quedaba todo aberto para o encontro de volta que se ía a xogar o día seguinte no pavillón de Meicende.

ANOTADORES: GUILLE 5, DANI F. 8, DYLAN 8, DANI A. 2, FRAN 2, NICO 2, VICTOR 14, PABLO 3 E DIEGO 6. TAMÉN ASISTIRON O ENCONTRO DANI G. E JAVI QUE NON POIDERON XOGAR.

CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 60 -TREBÓNS BASQUET CLUB 65 (11-13, 20-19, 15-16, 14-17)


Novamente un econtro igualadísimo que foi dominando no marcador o equipo visitante ata o último cuarto pero sempre con pequenas ventaxas. Os de Arteixo respostaban ben a tódolos envites que lle facían os visitantes, pero a defensa zonal que propuxeron os de Trebóns case que todo o encontro complicou moito as cousas os locáis que non estiveron moi acertados no lanzamento de longa distancia.
Aínda así e todo no periodo definitivo os locáis conseguiron o que andaban a buscar, colocarse diante no marcador...
Pero entón chegou o desastre, precipitación, nervos, e unhas perdas de balón que fixeron imposible acadar o pase a seguinte rolda.
O mellor do encontro, sen dúbida, foi ver as gradas de Meicende con un montón de rapaces e rapazas do clube, aconpañados polos seus pais e animando seguido o equipo senior. MOITAS GRAZAS! SODES OS MELLORES.
Tamén agradecer a participación nesta eliminatoria de copa de tres juniors que o fixeron espectacular : Fran, Dani A. e Aimán.

ANOTADORES: DIEGO 10, NICO 4, JOSE 19, VICTOR 11, PABLO 4, DANI F. 8, DANI A. 4 E FRAN. TAMÉN ASISTIRON O ENCONTRO JAVI, DANI G. E GUILLE (LESIONADO NOS INTRES FINÁIS DO ENCONTRO DE IDA)

Fin dunha tempada para o senior de terceira cunhas sensacións moi raras, porque si en xogo foi a mellor tempada dos ultimos tempos, os resultados non acompañaron na mesma medida, perdendo moitos encontros por pequenas diferenzas e nos fináis dos encontros, Hay que seguir para o ano na mesma liña, e aprender dos erros desta para pouco a pouco coller máis experiencia para decantar do noso lado eses fináis axustados.
Noraboa polo compromiso e entrega durante toda a tempada e pola mellora notable no xogo.

Capítulo a parte para despedir a un xogador inesquencible, un exemplo tanto dentro coma fora das pistas que nos deixa despois de 11 tempadas ,defendendo as cores do CB Arteixo, agora si que é definitivo...

Hata sempre e moita sorte para GUILLERMO VILANOVA CAICOYA na sua nova etapa lonxe de Galicia, ogallá os nosos camiños volvan a cruzarse!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario