lunes, 22 de mayo de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 20 E 21 DE MAIO

ALEVÍN MASCULINO


LA TORRE 63-CB ARTEIXO 43 (8-11, 12-6, 10-9, 11-1, 10-12, 12-4)


Mal encontro en xeral o xogado polos rapaces do CB Arteixo na mañá do domingo. 
Moitos despistes defensivos e no rebote e unha nula circulación de balón no ataque condearon os arteixáns a ires sempre por detrás no marcador.
Tan so pódense salvar os primeiros dous cuartos, onde a igualdade foi a tónica dominante.
Rematada a liga toca agardar rival na primeira eliminatoria da copa primavera.


INFANTIL MASCULINO


CB ARTEIXO 15-CB CAMBRE 66 (6-24, 7-30, 2-12)


Encontro con pouca historia, no que o conxunto cambrés foi moi superior. Os visitantes anotaron 7 triplas e impuxeron o seu físico en todo o encontro.
Para os de Arteixo xa era un premio estar nesta segunda fase, agora a desfrutar do partido de volta para seguir aprendendo un chisco cada día.


 INFANTIL FEMININO


CB ARTEIXO 39-DOMINICOS 28 (13-5, 8-12, 10-7, 8-4)


Encontro moi igualado, no que as de Arteixo comezaron moi concentradas e tratando de sair rápido o contraataque, permitindo poucas opcións de canasta as colexiais.
No segundo cuarto as visitantes comezaron a ter acerto nos tiros exteriores e ademási as arteixáns perderon o control do rebote o que fixo que o descanso so houbera 4 puntos de diferenza no marcador.
Tras o descanso a igualdade foi a nota dominante outra vez, pero a defensa local xa non daría respiro o ataque de Dominicos para pouco a pouco ir poñedo os cementos dunha nova victoria.

Remate dunha liga moi ben xogada por parte das rapazas do CB Arteixo, que con 6 xogadoras alevíns de primeiro ano foron quen de competir en case que tódolos encontros, mostrando unha evolución moi importante durante o ano, tanto al alevíns como as infatís de segundo ano.
Agora toca agardar a primeira eliminatoria de copa para saber o rival.


 CADETE MASCULINO


CB ARTEIXO 59-DOMINICOS 31 (19-13, 17-3, 13-10, 10-5)


Partido dominado por completo polos xogadores arteixáns, que xa comezaron o encontro con un 9-0 de parcial, correndo tras recuperar o balón e realizando bos tiros no ataque posicional. Tras ese primeiro parcial as cousas igualáronse un pouco, se ben o ritmo era controlado polos locáis.
No segundo periodo unha defensa case que inexpugnable dos do CB Arteixo (tan só 3 puntos encaixados) fixo que a o descanso o encontro quedara case sentenciado.
Despois do descanso houbo periodos de igualdade pero sempre marcados pola defensa local, que pouco a pouco fixo medrar a diferenza ata os 28 puntos fináis.
Boa renda a que leva o equipo de Fran Lozano para xogar a volta a vindeira fin de semana.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario