lunes, 8 de mayo de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 6 E 7 DE MAIO

ALEVÍN MASCULINO


BASQUET CORUÑA 05 29-CB ARTEIXO 54


Unha nova victoria para os alevíns, que nesta ocasión, ante as múltiples baixas, foron axudados por 3 xogadores do equipo benxamín.
O encontro dominouse dende o principio gracias a unha boa defensa que propiciaba moitos roubos de balón, tamén se controlaba o rebote o que permitía facer rápidos contraataques.
Tras o descanso uns pequenos despistes fixeron que se igualara un pouco o encontro, pero pouco a pouco todo voltou o do comezo do encontro para rematar levando unha cómoda victoria.


INFANTIL MASCULINO


DOMICOS 54-CB ARTEIXO 37 (15-17, 12-9, 16-9, 11-2)


Moi bo comezo de encontro por parte dos de Arteixo, xogando moi ben no 1x1, e conseguindo ventaxas en moitas ocasións. No segundo periodo o conxunto local colocouse nunha zona 1-3-1 que dificultou moito as cousas o ataque arteixán, de feito xa só eran quen de anotar si roubaban e saían o contraataque.
Na segunda parte viñeron os peores minutos da temparda, con moito cansanzo e moi despistados en tódalas facetas do xogo.

INFATIL FEMININO


CB CULLEREDO 45-CB ARTEIXO 31 (7-7, 10-14, 20-6, 8-4)


A pesar do resultado final, fantástico encontro o xogado por o CB Arteixo na cancha de Culleredo.
Gran inicio, cunha defensa de moito nivel, sen embargo non se aproveitaban ben as múltiples opcións que se creaban nos contraataques.
No segundo cuarto mellorou algo o acerto e así marcharon as xogadoras de Arteixo un chisco por diante.
Tras o descanso as de Culleredo estiveron moi acertadas no tiro e impuxeron a súa maior altura para dominar o rebote e ir marchando pouco a pouco no marcador.
No cuarto definitivo voltou a igualdade pero as visitantes xa estaban moi cansas e non poideron achegarse no marcador.

CADETE MASCULINO


BALONCESTO CAMBRE 45-CB ARTEIXO 35 (13-7, 18-12, 10-11, 4-5)


Comezo de encontro con moitos erros por parte dos dous conxuntos, sen embargo foron os locáis os primeiros en asentarse no encontro, e através de recuperacións de balón levaron as primeiras ventaxas no luminoso.
No segundo cuarto a anotación é máis fluida por parte dos dous equipos pero o rebote dos locáis fai que a diferenza creza ata os 12 puntos.
Tras o descanso a melloría no xogo e notable, pero sen moito acerto, os de Arteixo son quen de deter o ataque local, pero non poden baixar a diferenza no marcador.

Deste xeito os rapaces de Fran Lozano quedan na metade ta táboa cun balance de 8-14 a espera de que dea comezo a Copa Primavera.

JUNIOR MASCULINO


CB ARTEIXO 62-BALONCESTO CAMBRE 51 (13-11, 12-15, 25-11, 12-14)


Encontro de volta dos oitavos de final de copa, o que se chegaba cunha diferenza en contra de 26 puntos.
Con este panorama non quedaba outra que tratar de impor un ritmo altísimo de xogo para tratar de obrar a milagre.
Comezo vertixinoso por parte dos locáis que acadan as primeiras ventaxas no marcador, pero os de Cambre pouco a pouco igualan as cousas.
No segundo cuarto segue o ritmo alto pero a igualdade manténse tanto no xogo coma no marcador.
Tras o descanso os xogadores do CB Arteixo fan un esforzo moi grande por aumentar aínda máis a intensidade defensiva e o conseguen, rouban varios balóns que acaban en canastas sinxelas, e no ataque posicional moven ben o balón para anotar con fluidez. A ventaxa chegou neste cuarto ata os 15 puntos, facendo creer a todos os presentes que a remontada era posible.
No último cuarto o equipo de Fran Lozano comeza a notar o cansanzo e comete moitas faltas que levan o conxunto cambrés a liña de tiro libre onde estiveron moi acertados, ademáis os tiros abertos dos locáis xa non entraban e pouco a pouco a ilusión pola remontada foise difuminando.

Remata a tempada para o equipo Junior, unha tempada pragada de imprevistos con moitas baixas de xogadores que deixaron o conxunto moi debilitado.
Tendo isto en conta, acadouse unha meritoria 8ª praza na liga sendo 3º no primeiro grupo, competindo moi ben case que a totalidade dos encontros.

SENIOR TERCEIRA DIVISIÓN


TREBÓNS 62-CB ARTEIXO YUNQUE CARPINTERÍA METÁLICA FANDIÑO 51


Moi mal inicio na defensa o equipo visitante, que deixaba os locáis anotar con facilidade dende case que calquera posición.
O encontro quedou marcado por ese inicio nefasto, con 22 puntos encaixados.
Pouco a pouco o encontro foise igualado, e mesmo no inicio do último cuarto parecía que os de Arteixo ían a optar a gañar o encontro, pero os locáis non se deixaron sorprender e levaron unha merecida victoria.

ANOTADORES: DANI A. 2, PABLO 2, VICTOR 8, DYLAN 8, GUILLE 8, DIEGO 6, NICO 3, FRAN 5, JOSE 8, DANI F. Y JAVI.


No hay comentarios:

Publicar un comentario