lunes, 8 de mayo de 2017

O CB ARTEIXO TÍRASE Á PISCINA

O pasado sábado día 6 tivemos a sorte de ser invitados a participar nunha xornada solidaria organizada polo Clube Natación Arteixo, que se levou a cabo na piscina muicipal do Concello.

A cita consistía en recoller o maior número de productos de hixiene persoal posibles para doar a Cáritas.

A convocatoria foi todo un éxito con máis de 80 participantes de diferentes disciplinas deportivas do Concello de Arteixo, que durante 2 horas nadaron de maneira continuada facendo relevos.

Os nosos tocoulles a rúa 5 na que os os 12 representantes do clube axudados por dúas nadadoras e un nadador do Clube Natación Arteixo o deron todo para facer o maior número de largos posibles.

O de menos os metros acadados, o demáis o bo rato que pasamos na piscina, e como non, poder colaborar cunha gran causa, axudar os máis desfavorecidos.

Dar novamente a grazas o Clube Natación Arteixo por ternos invitado a este gran evento, e ademáis a tódolos xogadores, xogadoras, pais, nais adestradores e directivos que asistiron a piscina municipal a nadar ou apoiar a iniciativa.

Unha pequna mostra dos valentes nadadores do CB Arteixo.

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario