lunes, 12 de junio de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 10 E 11 DE XUÑO

O final non pudo ser, ningún dos nosos conxuntos que seguían en competición foron quen de  pasar a seguinte rolda.

ALEVÍN MASCULINO

JESUITINAS 79-CB ARTEIXO 29 (21-8, 12-12, 23-2, 21-7, 2-0)

Remate da tempada para o equipo alevín cunha derrota ante un conxunto que foi claramente superior nun encontro que dominaron case que de principio a fin.

No segundo cuarto víronse os mellores momentos dos de Arteixo que igualaron un pouco a contenda pero xa no terceiro cuarto comezan a marchar o colexiais de maneira clara.

A partires de ese intre o xogo endurécese moito o cal beneficia o xogo dos locáis, os visitantes tratan de igualar a intensidade pero o acerto non acompaña e as diferenzas fanse insalvables.

Fin dunha tempada con altibaixos, con grandes momentos e outros non tan bos, pero chea de aprendizaxe para uns dos pequenos do clube.

 

INFANTIL FEMININO

CB ARTEIXO 48-BASQUET CORUÑA 68 (7-11, 14-18, 11-23, 16-16)

Ilusión era a palabra clave e ilusión amosaron as xogadoras durante toda a semifinal que se disputou na mañá do domingo no pavillón de Maristas. Pero neste caso non chegou para pasar a final.

Aínda así e todo o encontro, e a pesar da diferenza final, foi bonito de ver, con dous conxuntos pelexando a tope tódolos balóns, cando as coruñesas parecía que marchaban no marcador as de Arteixo recortaban de novo as diferenzas.

Tras o descanso as de Basquet Coruña subiron un chisco as liñas de presión e conseguiron acadar canastras sinxelas que foron disparando pouco a pouco a distancia no marcador.

Sen embargo iso non fixo que as arteixáns baixaran os brazos e pelexaron ata o final conseguindo deixar en empate o cuarto definitivo, ainda que a victoria xa era segura para as de A Coruña.

Destacar os ánimos da afección que sempre creiu na victoria, e cando ista era xa imposible seguiron a animar coma se fose unha prórroga, para terminar despedindo as rapazas cunha ovación de categoría.

Fin dunha tempada inesquecible tanto no plano deportivo coma no humano.

CADETE MASCULINO

CB ARTEIXO 42-SANTO DOMINGO DE BETANZOS 53 (6-20, 18-7, 6-13, 12-13)

O encontro comenzou mal para os locáis, con pouco movemento dos xogadores en ataque e moita pasividade na defensa que permitían canastras sinxelas por parte dos visitantes.

No segundo cuarto cambiaron moito as cousas, xogando bos ataques e poñendo moita intensidade na defensa para chegar o descanso tan so 3 puntos por abaixo e con opcións de acometer a remontada.

E no terceiro cuarto houbo opcións, pero non se aproveitaron, durante varios minutos os de Fran Lozano fixeron unha defensa de moito nivel e ameazaron con colocarse diante no marcador, pero varios erros en canastras preto do aro foron mermando pouco a pouco a moral dos locáis, e os betanceiros tamén foron pouco a pouco afinando a puntería para marchar 10 arriba no luminoso.

No cuarto definitivo tratouse por tódolos medios voltar a eliminatoria pero cos xogadores xa moi cansos foi imposible facer a machada.

Destacar a boa asistencia de público na tarde de venres o Pazo dos Deporte de Arteixo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario