lunes, 5 de junio de 2017

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 3 E 4 DE XUÑO

Tan so nos queda tres conxuntos na competición copeira, o cadete masculino, as rapazas do infantil feminino e os do alevín masculino.

 

ALEVÍN MASCULINO

CB ARTEIXO 73-CALASACIAS 52 (21-6, 5-8, 13-8, 14-13, 11-7, 9-10)

Bo encontro en liñas xeráis, marcado por un inicio no que o dominio foi total para os xogadores dirixidos por Fran Lozano, sempre a través dunha boa defensa e rápidos contraataques que remataban con canastras de 1x0.

Tamén é de destacar o acerto no tiro exterior, que foi moi alto durante o encontro.

Aínda que o xogo foise igualando pouco a pouco sempre o ritmo foi dos arteixáns que en ningún momento viron perigar a victoria.

Deste xeito os do CB Arteixo pasan a cuartos de final da copa, coa ilusión de meterse entre os catro mellores da competición, ata o de agora un traballo sensacional!! Noraboa rapaces.

 

INFANTIL FEMININO

CB ARTEIXO 37-BBCA PRAIA DE LUMEBO 36 (09-07, 10-05,  07-12, 11-12)

Igaualadísimo encontro o vivido no Pazo dos deportes de Arteixo na tarde do domingo.

Os nervos e as imprecisións foron a tónica dominante durante o encontro, si ben de inicio as locáis eran quen de controlar o ritmo de xogo a través dunha boa defensa e tentando de sair rápido o contraataque pero os erros eran máis que os acertos, mentre que as visitantes moi atentas no rebote ofensivo eran quen de manterse no encontro. O descanso pintaba ben para as locáis con 7 puntos de ventaxa.

Pero tras o descanso as ferroláns fixeron o seu mellor xogo, anotando con certa continuidade, mentras que as arteixáns ían errando cada vez máis situacións preto do aro.

Deste xeito entrouse no periodo definitivo con so dous puntos de ventaxe para o CB Arteixo.

Este cuarto foi igualadísimo outra vez con erros polos dous conxuntos e pudo gañar calquera, pero a sorte finalmente caeu do lado local que colócase na final a catro da Copa primavera.

Noraboa rapazas!!


CADETE MASCULINO

SANTO DOMINGO DE BETANZOS 54-CB ARTEIXO 43 (11-9, 17-8, 14-20, 12-6)

Comenzou ben o encontro cun 0-7 movendo ben o balón o equipo de Arteixo, e tamén moi activos na defensa pero tras un tempo morto dos locáis éstes asentáronse no xogo, e son que de remontar cun parcial de 11-2 cunha defensa en toda a pista que provoca perdas do rival.

No segundo cuarto as cousas camiñan igual, con demasiadas perdas de balón que eran ben aproveitadas polos betanceiros, ademáis os erros nos tiros libres (4/20 nesta primeira parte) lastran case que definitivamente os visitantes.

Así e todo no terceiro cuarto chegan os mellores momentos dos de Fran Lozano, anotando con facilidade son quen de rematar o cuarto a tan so 5 puntos.

No inicio do cuarto definitivo as cousas igualanse moito pero finalmente, os erros, as faltas e a fatiga fai que os locais acaden unha ventaxa interesante para o encontro de volta.

Pero a ventaxa non é definitiva, o venres no Pazo pódese conseguir a remontada e clasificarse para a final a 4!!

Forza rapaces!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario